domingo, 1 de mayo de 2011

"ABRENTE" Versos galegos. Ano 1922 Victoriano¡ Taibo García.

Aquilo que eu arelo
onde estará, Siñor?
Cicais tremelucindo
na raiola do sol,
ou ben n'unha cantiga
do triste rousinol.

Poida seja arrecendo
no cáliz d'unha flor,
cicais seja ledicia,
poida que seja dor,
quizaves só exista
nos cantos segredos do meu corazón!

Pola transcripción literal. Miguel.

Quixen poñer estes versos en "Twitter", para tratar de estrenarme nesta rede e non fun capaz. A noitiña, si consigo falar co meu compañeiro, seguramente xapoida facelo axeitadamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario