domingo, 1 de mayo de 2011

LUIS TAIBO GARCÍA. Biografía/Obra

Texto publicado en castelán, no Boletín da Real Academia Galega, Septiembre 1955, Número 301-304. Páxinas 8-9-10, baixo a rúbrica de “Letras de duelo”, notificando o pasamento do pianista, compositor e médico:

LUIS TAIBO GARCÍA

Nado en Santiago de Compostela o 27 de abril de 1877. Morto nacidade de México capital o 17-04-1954. Desde a súa infancia fixo con singular aproveitamento estudos de solfexo e piano con D. Juan Trallero, lembrado mestre de capela da Catedral de Santiago.
Cursóu a carreira eclesiástica completa, pero a súa vocación conduciulle ao humanitario campo doutro sacerdocio: o da mediciña; e como Pondal, Leiras Pulpeiro, Barcia Caballero e Castelao foi artista e médico .
Desempeñóu este cargo no Hospital Real e o Manicomio de Conxo. (1) Emigrado a México en maio de 1908. (2)
Na populosa capital mexicana, despois de prestigiar o seu concorrido consultorio, foi durante longos anos médico agregado á Embaixada de España, director xeral da Cruz Vermella Española en México, cardiólogo do Sanatorio Español e médico pertenecente a Beneficencia Española.
Ao rematar os seus estudos eclesiásticos estreábase na basílica compostelá unha misa a gran orquestra da súa autoría; e sendo estudante de Mediciña dirixiu un orfeón de sesenta voces, composta na súa totalidade de escolares procedentes de Vasconia e Navarra- Orfeón Vasco-navarro-, que deu concertos en Santiago, A Coruña, Ourense e outras cidades galegas.
Nesta época os orfeóns de Galicia cantan as súas obras “Adios, ríos, adios, fontes”, “Como chove miudiño” e “Cantan os galos o día”. As bandas e orquestras interpretan as súas muiñeiras “Carmeliña”, “O rillote” e “A troula”.
En concertos e veladas figuraban entón as súas baladas para canto e piano, “Campás de Bastabales” e “Noites de vrao”, editadas pola casa Mozart, de Barcelona en 1930.
Sonlle premiadas varias obras, entre elas unha quenda de valses, titulada “Choiva de estrelas”, en concurso aberto polo Heraldo de Madrid, dada a coñecer pola banda municipal de Santiago; un “Scherzo para violoncello e piano”, na filarmónica de Santa Cecilia de Cádiz; e unha “Tarantela” para orfeón, en Pontevedra.
Isto é, a grandes liñas, o máis saínte da obra da súa primeira mocidade, que o rodeou nesta terra, de merecido prestixio, incorporando o seu nome ao acervo dos nosos máis destacados compositores racionáis.(3)
En 1926, o orfeón “O Eco” da Coruña, transformado en coral polifónica, estrea “Madrigalesca”, mentres o cuarteto que o notable violinista Sr. Corvino, inclúe nos programas dos seus celebrados concertos, a súa fermosa e delicada “Serenata Española”.
A estas composicións aínda habemos de engadir, en música polifónica para cuarteto vocal, “Cantarche hei, Galicia”, “Escoitade, escoitade!” e “A morte do Poeta”. E para orfeón “Río arriba, río abaixo” e “Voume”. Citaremos tamén o himno a San Pedro Mesonzo” e o “Deus Fratresque” , chamado de Brañas, por ser este insigne galego o autor da letra.
A última etapa do seu extenso labor artístico estivo de cheo consagrada á música de cámara. A ela pertencen os súas “Célticas” números 1 e 2, estreadas na Sala Wagner, en dos concertos da Sociedad de Música de Cámara de México; o cuarteto de corda número 3; a suite sinfónica “Galaica” dada a coñecer o 20 de xullo de 1953 no Teatro Avenida de Buenos Aires, e interpretada pola orquestra de Radio do Estado arxentino, que dirixe o mestre Washington Castro, e outras que figuran no arquivo musical do finado compositor, que no seu día pasarán a engrosar os fondos da nosa Academia, segundo disposición testamentaria.
Bo pianista, os seus concertos de música clásica por radio, eran esperados en México con ansiedade e escoitados con interese.
Escribíu numerosos traballos de crítica e sobre temas do folclore musical galego. Pronuncióu varias conferencias, entre elas, unha sobre literatura galega no Museo Nacional de México. (4)
Nos postremeiros anos da súa vida laboriosa e frutífera, colaboraba na revista médica que o famoso oftalmólogo español doutor Castroviejo, fundóu en Nova York.
Era socio correspondente desta Real Academia Galega.
A súa mala fortuna privoulle de realizar o seu último soño: pasar os últimos días da súa vida á beira dos seus, exhalar o seu postrer suspiro no colo da súa terra natal.
Nas súas composicións latexa o seu acendrado amor a Galicia, hondamente sentido durante 48 anos de exilio voluntario, de dor de ausencia, de dor de saudade na súa máis fondo e transcendente valor, en función creadora, coa alma e os ollos postos na súa terra, que foi para el a razón da súa existencia e a fonte de inspiración onde quixo mitigar a súa sede de artista amante e ilusionado.

(1) 23-12-1906.Semanario de Villagarcía “Diario de Arosa”, dirixido a Luis Taibo García. Moaña. Meira, con franqueo, sin estampillar.
(2) 15-05-1919. A Nosa Terra. Anuncia a volta de México. O retorno non foi longo. Sin datos da duración que debéu ser corta.
(3) Hai unha relación máis amplia da que aparece nesta biografía.
(4) Téñense algunhas, máis ben pouquiñas.


==============================

ESTADO DA SÚA OBRA MÚSICAL COÑECIDA. DA CREADA EN MÉXICO, DONDE RESIDÍU TANTOS ANOS, PRÁCTICAMENTE DESCOÑÉCESE TODO E HAINA QUE DAR POR PERDA, E NO MELLOR DO CASO, EN IÑOTO PARADOIRO.

O B R A S/ MÚSICA DE/ PARTITURA/ OBSERVACIÓNS
A CASA DOS LOUREIROS Canto e piano Non hai Interpretada por los orfeones “El Eco” , La Coruña y el de Ourense.
A TROULA Muiñeira Non hai Sin referencias. (1)
ADIOS RÍOS, A DIOS FONTES Canción galega Fotocopia
CAMPANAS DE BASTABALES Balada para canto e piano.
Canción galega. Fotocopia
CANTAN OS GALOS Non hai. Disco Philips. 436 810 PE. Coral Polifònica “El Eco” 4´06´´.
06-09-1958. Tamén na cena de “honra” a un home morto no 1975.
CANTART´ EI, GALICIA Non hai. Sin referencias.
CANTO, RITMO Violín y piano (2)
CARMELIÑA Muiñeira.Danza Galaica núm.1 Fotocopia (1)
CELTIGA Número 1
I.Amanecer “Adagio”
II.Peregrinos en Compostela “Moderato”
III. Canto de Pandero “Allegro”
IV. Alalá “Adagio”
V. Danza Galaica “Vivace” Non hai. Para piano, violín, viola y cello. Sin referencias.
31-07-1932. Concerto na Sociedad de Música de Cámara de México.
CELTIGA Número 2 (3)
I. Adagio.
II. Modersto.
III. Andantino. Vivace. Non hai. Para piano, violín, viola y cello. Sin referencias. Concerto na Sociedad de Música de Cámara ce México
COMO CHOVE MIUDIÑO (2)
CONCIERTO BREVE Cello y piano (2)
CUARTETO NUM.1 EN DO (2)
CUARTETO NUM.2 EN RE (2)
DANZA GALAICA Número 1 Non hai. Sin referencias. ¿ Poida que sexa “Céltiga núm.1”?.
DANZA GALAICA Número 2 Non hai. Sin referenicas. ¿. Poida que sexa “Céltiga núm. 2”?.
Descoñecido Misa a grande orquesta Non hai. Sin referencias
Descoñecido Himno a San Pedro Mesonzo Non hai. Sin referencias
Descoñecido Scherzo. Violoncello e piano Non hai. Sin referencias
DESPEDIDA DO EMIGRANTE Non hai. Disco Philips 436 811 PE. Coral Polifónica “El Eco” 3´20´´
DEUS FRATRESQUE GALLAECIA Himno Non hai. Copia nunha tarxeta de imprenta, feita seguramente para espallar a súa difusión. Letra: Alfredo Brañas Menéndez (1859-1900) Pódese escoitar en: http://www.ociotube.com/video/youtube/q1LFQYrGRUM/suso-vaamonde-deus-fratresque-gallaecia, de Suso Vaamonde, pero non se respeta a súa música, según teño entendido.

¡ESCOITADE, ESCOITADE! Non hai. 20-11-1965. Interpretado Conjunto Artístico Galego “BREOGÄN”, de Bos Aires
GALAICA Suite sinfónica Fotocopia.Son moitas follas. Vense erros na numeración, posiblemente motivados ao momento de reproducila.

LA MAJA DE LOS CLAVELES Violín y piano (2)
LA MUERTE DEL POETA Non hai. Sin referencias.
LLUVIA DE ESTRELLAS Valses Non hai. Sin referencias.
MADRIGALESCAS Coral polifónica Non hai. Estrenada en el Rosalía de Castro, por el orfeón “El Eco”
NOCTURNO Balada para canto e piano Orixinal. Compartida con “Noites de vran” Letra Aurelio Ribalta y Copete (1864-1940).
NOITES DE VRAN Seguramente é a mesma que a precedente. Orixinal. Compartida con “Nocturno”
O RILLOTE Muiñeira. Danza Galaica núm. 2 Fotocopia (1)
O SACRETO Canción galega Fotocopia
QUINTETO PARA INSTRUMENTOS DE VIENTO (2)
REQUIEBRO Violín y piano (2)
RÍO ARRIBA, RÍO ABAIXO Non hai. Sin referencias.
SERENATA ESPAÑOLA Concierto. Spanish Serenade Fotocopia
SUITE Violín y piano (2)
TARANTELA Orfeón Non hai. Sin referencias.
VISITOR REGIO Zarzuela Non hai. Estreada en Santiago sendo estudiante de Mediciña.
VOUME Balada para canto y piano Non hai. Interpretada por los orfeones “El Eco” , A Coruña e o de Ourense.


Hai unha nota, sin concretar, referida a varios títulos que di: “Publicó la Casa Mozart, de Barcelona. Ano 30”.
(1).- Medradas para os concertos dos “Hermanos Aguilar” na súa xeira pola América.
(2) Sacados da Enciclopedia Galega. Tomo XXIX. Páxina 37. Tamén Enciclopedia Galega Universal e Guieiro Cultural citan algunhas destas obras. Descoñezo a fiabilidade destos datos ou si foron copiados dunhas para as outras.
(3) En alguna crónica fálase tamén da número 3, pero sin que se poidan aportar máis datos.

Nota.- Os datos que anteceden están contidos nun formato tabla que, o "pegalos" quedaron mui deturpados, sin respetar fileiras nin columnas.

Vindeiras datas verei de situar o "DEUS FRATRESQUE GALLAECIA", coa partitura existentes e comentarios do seu tempo.

Pola transcripción. Miguel.

No hay comentarios:

Publicar un comentario