lunes, 11 de abril de 2011

CONTOS PEQUENOS

Autor: Victoriano Taibo García (1885-1966) Numerario da Real Academia Galega.
Dibuxos de: Rial. Descoñezo o autor. Non teño outro dato que o sinalado. Prégase información quen poida aportar algo máis concreto.
Dedicado: o fillo dun prestixioso oftalmógo establecido en VIGO.

O’ achar


Aquela mañá, os rapaces que asistían á doctrina, na santiaguesa capela de San Roque, non estaban moi atinados nas súas respostas. Un pequerrecho atrevido entretíñase en face-lo comento de cada unha das equivocaciós dos seus compañeiros, c’unha sorda e contida risada contaxiosa, que ascendía a risa dos demais.
O crego catequista, dirixíndose a él, preguntóulle con dóce severidade: ¿Sabes quén e Deus, pitís? O rapacete ollóu fixamente ô sacerdote, baixóu a testa ollando ô chan, permanecéu uns istantes oll´andose a si mesmo, erguéu a cabeza, e aventuróu: -Pois...Deus...Deus...élle San Pedro.
O crego asintéu humorístico: -Acertache, catavís! E o rapaz, que non quixo vivir de trampas, e soubo ademais ter en conta os seus méritos, acraróu mui satisfeito: -Ai, señor cura, pois boteille ô achar.
     Redondiño, redondón, sin furado nin tapón; se lle turran polo rabo corre com’o diaño. (A’ volta)

1 comentario:

  1. Miguel, gracias por el relato breve. Veo que introdujiste también una foto ¡bien hecho!

    ResponderEliminar