miércoles, 13 de abril de 2011

CONTOS PEQUENOS

Son oito contos, todos coa mesma introducción co incorporado fai 2 0u 3 datas. 
Algúns dos contos, no seu remate, soen presentar unha adivinanza, cuxo resultado nun principio non facilito, pero confío en facelo axiña A NOZ sobre a frondente nogueira que se ergue preto do lugar, había unha noz guindada no chan. Un rapaz viuna, e sinalándoa, excramóu: -Unha noz! Outro rapaz deu lixeiro unhas alancadas, e colleuna. O primeiro reclama: -É miña, pois fun eu o primeiro qu’a vin. O segundo nega: -Non, a noz pertenceme a min, que fun o primeiro que lle puxo as mas derriba. Armóuse unha rexa disputa, e xa ían a escomenzar a tordeadas, cando xurdíu un mangallón de mais anos e mais forte, impoñendo: -Ou, meus amigos, mas quedas, vouvos a pór de acordo. Prantóuse entre os dous cativos, botóu man d’unha pedra, abriu a noz, e sentencióu: -Esta codia verde, de fora, correspóndelle o primeiro que veu a noz, a casca dura tócalle ô qu’a apañóu; e o qu’a a noz tén dentro...iso gardoo eu: son as costas deste xuicio. E ríndose engadéu: -Este évos o remate ordinario de tódo-los litixios. Lémbradevos ben, non se vos esqueza. Os preiteantes perden todos sempre; non gaña ningún, endexamáis. Meu cortexo, meu penderexo, dalle que dalle no furadexo (A’ volta) Pola transcripción: Miguel.

1 comentario:

  1. Interesantes os contos, Miguel, espero que publiques pronto as adviñas porque creo só din ca solución dunha delas.
    Pilar.

    ResponderEliminar