miércoles, 13 de abril de 2011

CONTOS PEQUENOS

O DECRETO

Aquel aposto galo pedrés deu unhas voltas con muito arroallo pol-o seu galiñeiro, picoteóu canto quixo no farelo da moega, e despois de botare unhos solbos no bebedeiro, como se xa lle non quedase outra cousa que facer, brincóu a cerca do eirado, e foise de pándiga, cavilando na longura e grosor das miñocas, nos graus de millo esquecidos pé dos piornos, e ben seguro de qu’o mundo era seu.
E cando nun andar cheo de señorío, erguía e baixaba o pescozo para escollel-o millor camiño...zas! ve vir a toda carreira, e cara a él, a un langrán d’un raposo, amostrando uns dentes mais longos qu’a fame.
Alpurizáronselle todasl-as prumas, erguéuselle o rabo e aniñóuselle o pescozo. Corréu tremente como un tolo, deu un brinco, e quedóu derriba do patín d’unha casa, aletexóu rexo e lixeiro, e d’outro brinco, prantóuse no tellado.
O volpe ríase a fartar do medo do galo:
-Pero que parvo te fixo Deus!
Metido no galiñeiro, a voltas e revoltas c’as túas galiñas, nin siquera te enteras do que mais che compre saberes.
Viacá, hom, viacá; baixa, non sexas medoso. Rematóuse a guerra entre nól-os animás. De hoxe en diante non se matarán uns os outros, mais qu’os burricáns dos homes, que canto mais vai, piores son. Mataranse eles e seguirán matándonos a nós. Os teus amos, seino ben, xa teñen o arroz mercado para pórte en tarteira. Baixa, hom, baixa, non sexas marmeco, baixa e ponte a par de min. Quero qu’o vexas pol-os teus mesmos ollos, e non coides que hai engano no que che vou a ler. E o volpe desenvolvéu un rolo de papel, que tiróu d’unha carteira, que traía pinchada do pescozo.
Ganado mais pol-a cursidade que pol-a con fianza, o galo íase achegando ô patín e o raposo:
-E que di ese papel? -
E que ha decir, hom, e que ha decir? Mesmo me acora que ainda o non saibas. Ben se ve que non andas ceibo, que saes pouco do galiñeiro. Pois di que dende hoxe, veñen obrigados tódol-os animáis, baixo pena de morte, a respetárense e axudáranse a viviren como irmaus.
Dende hoxe queda fundada entre nós, a Cofradía da Boa Armonía, nun tan aloumiñante e forte vencello de confraternidade, que vén a establecer a concordia e a cubizada paz entre o raposo e a galiña, o lobo e mail-o año, a martaraña e os pitos, o miñato e mail-a pomba... Ai d’aquel que desobedezca este Real Decreto! Pobre de quen!. Engaiolado por tan boas novas, o galo xa ía a baixar ô patín, mais ainda desconfiado, preguntóu:
-E quén foi o que fixo ese Real Decreto?
-E quén ia ser, hom, quén ía a ser? O noso rei, o rei de tódol-os animás, o bó entre os millores, o sabido entre os mais sabidos. Foi a escola con Prevediños; fíxose bachiller en Carqueixoa; abogado, en Santiago de Compostela e doctor en Madrí. A min caime a baba cando o oio falar. Da xenio velo cando se pón as antiparras, a levita e a chistera. Xa leva escrito mais de vinte libros, a fáiseme extrano que ti lle non teñas lido ningún as galiñas do teu galiñeiro.
Baixa, ponte a miña veira, que quero que leas conmigo, e conozas a nova lei de pe a pa. Erguendo unha pata e baixando a outra, o molanqueiro do galo se non astrevía a baixar. Ollaba par’o Decreto e vía os longos dentes do raposo qu’o tiñan asombrado. E o volpe teimaba:
-Baixa e ilústrate, adeprende, que boa falta che fai, baixa, que che vou a lel-o Decreto. E n’isto chouta por un valado un can de palleiro, grande e forzudo, como un touro, que se aboca ô volpe para chantarlle os dentes; pero o raposo, non fai mais que velo, dalle sebo os pés, e bota a correr como un arrautado.
E o galo apelidáballe desde o seu poleiro:
-Viacá, hom, viacá; non fuxas, non sexas marmeco. Ponte a veira do can, e lelle o Decreto.

Branca nacín, verde me vin; e de bermella, volvinme negra.
(A’ volta)

Pola transcripción: Miguel

No hay comentarios:

Publicar un comentario