miércoles, 13 de abril de 2011

CONTOS PEQUENOS





O BURRIÑO E MAIL-O PORCO

Naquela corte, un burriño entretiña a súa vida tristeira, meditando na carpulla que pasaba, nos paus con que lle magoaban-as costas e nos sacos de grau e fariña, que carrexaba tódol-os días, do muiño â casa e da casa ô muiño.
Dorido de tantos traballos, o malpocado arrenegaba da súa sorte. A’ beira do burriño, arredado por unhas táboas, estaba o cortello, e nel vivía e trunfaba-con perdón das caras mais vellas- un cocho tan ben mantido, gordo e repoludo, que mesmo facía alongal-os dentes ventando as lonxas de raxo, as tenras frebas de entrecosto e o fígado encebolado.
Cando o burro orneaba c’a fame, o seu dono asañábase, collía unha bragasta, dáballe unha boa xeira, e se cadraba, poñíalle no pesebre un feixiño de herba mollada, tan pequerrecho que lle non chegadaba a un dente; así é qu’o pobre do burriño, morto de fame e traballo, andaba sempre c’o dente regañado. E cando o porco roncaba, o seu amo pasáballe agarimoso a man pol-o lombo, rañáballe a barriga, e enchíalle a maseira de follada, navos e patacas, todo mesturado con fariña milla, ben cocido e quentiño.
O burro erguía a testa por derriba das táboas do cortello e vía como o porco fozaba e resopraba na maserita, guindando ô chan e botando de perda tan sabrosa comida. E o soberbo do cocho rosmáballe: -Qué v’es ti aquí, a metel-o fuciño?
-Non che pareza mal, hom, nonche pareza mal-expricábase humildemente o burro-.
Quéroche decir que se non debe botar de perda tanto ben de Deus.
-Pois ala, fora d’aquí! Déixame comer en paz. Ti o teu feixiño de herba mollada, ôs teus sacos e ôs teus paus.
Ala, fora d’aquí!
-Ben, home, ben, pois...non botes tanto por ela, que iso de comer e folgar, en algo che a de vir a dar.
E unha mañán de xiada do mes de Nadal, entraron catro homes no cortello, colleron o porco pol-o rabo e pol-as orellas, e a couces e rempuxós, queiras non queiras, puxérono deitado derriba d’unn longo banco.
O cocho espernexaba e berraba como un alarbio; e cando o matachín lle ía a fundil-o coitelo pol-a gorxa abaixo, o burriño relembroulle ô porco: -Non che decía eu que iso de comer e folgar, en algo che había de vir a dar? E respondéulle o porco, que era un enxaguado:
-Váncheme a afeitar.
E matárono, chamuscárano e afeitárono, que é o que lle pasa ôs que comen e non traballan.
≈ ≈ ≈ Unha longa longarela pasou pol-a miña terra, díxolle â miña veciña que lle tornase a galiña

(A’ volta)

Pola transcripció0n: Miguel

1 comentario:

  1. Preciosos los cuentos, Miguel. Buen trabajo, me ha encantado no sólo el contenido, sino también la forma en la que has colocado las ilustraciones, bien bonitas, por cierto.

    ResponderEliminar