miércoles, 13 de abril de 2011

CONTOS PEQUENOS


¡
O LAGARTO E MAIL-O SAPO

Entre as lañas d’unha casa vella vivía un lagartiño, que aganchaba pol-as paredes metíase por tódol-os buratos buscando vermes e cascudas para a súa mantenza.
Despois de fartarse de sol, corría como un lóstrego por derriba do tellado, ía e viña, sobía e baixaba; e dando voltas e reviravoltas, semellaba non ter acougo. Este lagartiño era un ximnasta de vez, forte, san, lixeiro e agudo como unha denosiña.
Pé da casa vella, nun buratiño d’un valado, demoraba un sapo, que se non entretiña mais que en comer, asubiar e dormir. Non saía do seu burato senón para roer e dare ô dente. E cando se decatóu, atopouse feito un barrigán, c’unha panza tan chea, grosa e pesada, que lle non deixaba brincar, correr nin se movere a xeito.
Unha mañá fresqueira, o sapo estaba aniñado ô sol â veira d’un regueiro. Pasóu por alí o lagartiño, e vai e dille:
-Ai, sapiño, e ti que fas?
-Estóu tomando a raiola, que teño moito frío.
-Pois para escorrental-a friaxe, o millor éche esparexerse. Ala, vente conmigo âs cereixas.
Fóronse os dous pol-os camiños, anda que te anda que te andarás, e chegan-o pé d’unha cerdeira. O sapiñio quixo subir e non puido, que lle pesaba muito a barriga; pero o lagartiño, que era mais listo, colléu e...reee!... apoliñou pol-a cerdeira arriba.sentóuse nunha poula e púxose a comer cereixas. E o barrigolas do sapo pedíalle:
-Ai, lagartiño, lagartiño, bótame unha cereixa pol-a alma de quen che morreu.
E díxolle o lagarto:
-Pois abre ben a boca que che vou a botart unha mui grande e mui gorda, que teño collida c’a punta do rabo.
E o lapón do sapo, abréu unha boca de cuarta e media. ¡Aaah!
E vai o lagartiño, que era un pillabán, apretóu a cereixa, e con toda as forza da punta do rabo, botoulla pol-a boca abaixo, atravesoulla no medio e medio da gorxa, e o lapadoiras do sapio abafóu, morreu esganado.
Isto pasoulle ô sapiño por fopeiro e comellón.
Curcubico non tén aas, pés nin pico, e os fillos do curcubico, teñen aas, pés e pico.
(A’volta)

Polas transcripción:Miguel

No hay comentarios:

Publicar un comentario