
Tamén traía xoias; pero entre elas, a millor, era un loro paroleiro, con mais côres qu’o arco da vella. As xentes ficaban abraiadas ouvindoo falar. Falaba tan ben, qu’as vellas qu’o escoitaban, decían que aquelo tiña que ser cousa do diaño.
Bieito Cirolas erguéu unha casa, arredor da casa fixo un xardín; dándolle volta o xartdín, mandóu pòr unha reixa de ferro, e na reixa puxo o loro para que se asollase e engaiolara c’a súa conversa, ôs que pasasen pol-o camiño.
E o primeiro que pasou foi un rapaz que, en canto veu e oeu falar ô loro, agachouse no chan, colléu un croio e erguéu o brazo para guindarllo.
O coitado do loro, cheo de medo, estirou o pescozo, abriu o pico e falou valente:
-Animal! Besta! Salvaxe!
O rapaz quedou c’a boca aberta, caeulle a pedra da man, sacóu o pucho, e rogóu humildoso:
-Disimule, meu señor, disimule. Coidei que era un paxaro.≈ ≈ ≈
Para decir apresa, muitas veces e arreo:
Ispe a capa, frade,
frade, ispe a capa...
Pola transcripción: Miguel
Miguel, interesantes contos.Espero os resultados das adiviñas porque deixáronme intrigada; creo, que só din ca solución dunha delas.
ResponderEliminar