miércoles, 13 de abril de 2011



PARA QUÉN CANTOU O CUCORRÉI?

Unha fermosa mañá de primaveira, dous rapaces, atravesando un pinal, ouviron o ledo canto de cucorréi, e puxéronse a berrar:
-Cucorréi, cantos anos vivirei?
E o cucorréi, que é un paxaro mui cumprido, respondíalles: -Cucu...cucu...cucu... E falóu un d’eles, afeito a dar creto a certas superticiós: -Este paxaro é de mui bon agoiro para min. E inda que ti mo non creas, para min cantóu.
E salta o outro, que era ainda mais parvo qu’ô primeiro:
E por qué o cucorréi te ha querer a ti máis qu’e a min?
E por qué, se cantóu, cantóu para ti?
Foi para min para quen o cucorréi cantóu. Dígocho eu que abofellas o sei ben.
-Mintes! O paxaro cantóu para min!
-Quén mintes es ti! O cucorréi pol-o meu ben, non pol-o teu, cantóu.
E como os dous se crían c’a razón, e un negáballa ô outro, impuxérona a zucos e labazadas, a así que cansaron de se mallar, e cada quen coll´eu pol-o seu camiño, un levaba un ollo feito unha mazá con traxe de luito, e o outro unha man escordada e uns fuciños tan grosos, lañados e bermellos que mesmo parecían un xamón encertado. Pouco despois os dous boxeadores, volveron a atoparse xuntos na cas do médico da vila de preto, a onde tiveno que ir a pór remedio âs súas fridas.
Féital-as curas e postas bismas e vendaxes, un d’eles preguntóullo o médico:
-Canto lle debo?
-Ti, un peso.
 -E eu?-averiguóu o outro.
-Ti, outro peso.
Dous pesos entre os dous, a partes iguales-xustiprecióu o galeno. Un dos contendientes ergueuse en queixas: -Eche boa! E todo por este cacharolas, que se empeñóu en qu’o cucorréi cantara para él e non para min, como é a verdade.
-A verdade é que foi para min para quen cantóu. E senón que nolo diga aquí o señor médico, que destas e doutras cousas, sabe moito máis ca nós. O médico colléu os dous pesos, que eran de prata, e facéndoos tinguiliar encol do mármore d’unha mesa...
-Ai, meu deus, que burricáns nacéstedes!-decía cheo de risoñas extranezas- Estádelo vendo, estádelo ouvindo, e non queredes decatarvos.
Para quén cantóu! E para quén había de cantar? O cucorréi cantóu para min.

≈ ≈ ≈ Dous bois de peso e medida comen e beben e trunfan na vida. Un come e non bebe, outro bebe e non come. Adivña si ti, si es home. Non acertas p’ra este ano nin tampouco p’ro que ven, senón que cho diga alguén.

(A’ volta)

No hay comentarios:

Publicar un comentario