miércoles, 13 de abril de 2011



O CHUFÓN E O VANIDOSO

Un ricaz de aló d’un lonxano algures, con casal de muitos labramios, curtiñas e gado de seu, chamóu a dous criados e mandóulles:
-Ídevos ô obradoiro do Sr. Nartallo, e que vos dea o chedeiro que x’ô tén rematado.
Un dos criados, amigo de non arrimarlle as costas âs cousas mui pesadas, preguntóulle:
-E cómo o traemos? -
O’ lombo-respondéulle o amo, home de poucas falas.
E cando os dous se viron diante do chedeiro con cabezalla e todo, o que fixera a pregunta, que tiña mais de nugallán que de parvo, e que conocía ben o frato do seu compañeiro, falóu amarguexado:
-¿E en que diaños estaría pensando o noso amo para mandar só dous homes, e que leven ô lombo un carro enteiro, como aquel que di?
Ti véno ves, non lle faltan mais qu’as rodas e os fungueiros. Nin que fóramos unha xugada de bois! Non hai nesta terra dous homes capaces de levalo.
Mail-o outro, que vivía cheo de orgullo e vanidade da súa forza, repuxo:
-Fon! Que me ves ti aquí a min co-iso da xugada de bois e dous homes para levaren isto.
C’un home, abonda.
-E onde está ese home?
-Aquí, a túa veira, disposto a probarche o que di- e petaba fortemente c’a man aberta na tampa do peito.
-E vaste a rir de min ou que?
Non che estóu para lerias! -Lerias, nonsi?
Lerias? Pois anda axiña, axúdame a erguer, e vas a ver ti quen son eu.
E cando o forzudo ía corredoira adiante , anegado baixo o peso do chedeiro con cabezalla e todo, o retrancas do nugallán, debullábase en alaudos:
-Como ti es forte, meu amigo! Se o non vira como o estóu vendo, lle non dira creto a quen mo dixese!
Non hai dous homes no mundo capaces de faceren o que ti fas ¡ Mesmo parece que chedeiro, cabezalla e tentemozo van mais axeito riba das túas costas que encol das súas mesmas rodas! Qué forza mais tremendisma che puso Deus no lombo!
Pero, home, pol-a Virxe da Saleta, ti estaste botando de perda! Pousa, ho, pousa un bocadiño, ou déixame a min que siquera che bote unha man.
E a vanidade do forzudo, aguilloada, máis pol-os comprimentos e gabanzas, que pol-o peso do chedeiro, opoñía:
-Non, non, non! Hasta convencer de que eu son quen para levalo inda que sexa ô cabo do mundo.
E anda que te anda e suda que te suda, chegóu â casa c’o chedeiro con cabezalla e todo, naméntral-o outro o enchía de alaudos e botaba un cigarro. O vanidoso está decote ô servicio de quen o chufa.


≈ ≈ ≈ O galego que non fala na lingua da súa terra nin sabe o que tén de seu nin é merecente d’ela.

≈ ≈ ≈ Que cousa é cousa? para adiviñar é, canto mais lle quitan, meirande é.

(A' volta)

Pola transcripción: Miguel

No hay comentarios:

Publicar un comentario